Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

ARTE+MULLER+GALICIA no Fontexería

Desde o grupo de Dinamización de Igualdade queremos agradecer a colaboración do concello na organización do visionado do documental ARTE+MULLER+GALICIA, coa posterior charla coloquio coa súa directora, Rosario Sarmiento.

O documental ARTE+MULLER+GALICIA, expón un achegamento ao traballo daquelas artistas mulleres cuxa obra resulta fundamental para entender o desenvolvemento da historia da arte contemporánea en Galicia. A través das biografías, as obras e fundamentalmente os testemuños destas artistas pertencentes a diferentes ámbitos creativos e xeracionais, ARTE+MULLER+GALICIA debuxa un amplo e plural escenario de reflexión sobre as circunstancias que rodearon a súa carreira como creadoras. A charla, dirixida ao alumnado de 4º ESO, tivo unha excelente acollida, especialmente entre as alumnas interesadas en realizar bacharelato artístico o curso vindeiro!

 

Profesorado responsable: Susana Blanco e Santiago Fernández Núñez

 

1.jpg
2.jpg
3.jpg


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut