Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

"Ti e Eu contra as violencias machistas"

Desde o grupo de Dinamización de Igualdade realizamos unha camiseta co lema "Ti e eu contra das violencias machistas", co logo do centro, como colaboración coa campaña "En negro contra as violencias", á que se sumou o concello de Muros. Desde o instituto consideramos esta iniciativa un paso máis na visibilización do compromiso da institución escolar en xeral, e nomeadamente do IES Fontexería, na loita contra a violencia cara as mulleres, coa capacidade de levar a nosa mensaxe máis alá das paredes do centro. Por esta razón participamos tamén, activamente, na concentración realiada na praza do concello nesta data. 

Agradecemos ao concello a colaboración coas actividades realizadas no centro, a través da charla sobre violencia de xénero impartida desde o CIM de Muros ao alumnado de 3º ESO.

 

Profesoras responsables: María Luísa Vidal e Carmen Vigo

1.jpg
1.jpg
2.jpg
2.jpg
profesoradocamiseta.jpg
3.jpg


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut