Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Primeiro Día das Galegas nas Letras

Celebramos hoxe a primeira edición do Día das Galegas nas Letras, unha actividade coa que pretendemos dar a coñecer e render merecida homenaxe ás escritoras máis sobranceiras da nosa literatura.

Esta proposta xorde para promover a visibilización das mulleres que teñen contribuído coa súa obra a arrequecer a literatura galega. O 17 de maio vén homenaxeando mioritariamente figuras masculinas, contribuíndo, xa que logo, á minusvaloración social das obras femininas.

A autora elixida por nós para esta primeira celebración é Xela Arias, poeta falecida no ano 2003 a só 41 anos. O feito de que transcorrera máis de 10 anos desde a súa morte, faría posible que a Real Academia Galega lle dedicase o Día das Letras Galegas, pero dada a escasa presenza de escritoras homenaxeadas – só 3 en 52 anos-, parece pouco probable que isto aconteza, razón pola que decidimos tomar a iniciativa.

 

AdxuntoTamaño
Poemario Xela Arias.pdf88.53 KB


Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut