Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

Campaña de corresponsabilidade 19 de marzo

A semana do 19 de marzo celebrouse no centro o “Día do Home Igualitario”, no que se propuxo o “1º reto quincenal” ao alumnado. Para superar o mesmo, todo o alumnado de 3º ESO tiña que realizar unha comida ou cea familiar como xeito de “devolver” os coidados que a diario reciben nas súas casas por parte das persoas adultas.

Tamén se realizou unha exposición de fotografías de homes realizando tarefas domésticas.

PRIMEIRO RETO QUINCENAL

O obxectivo da actividade é reflexionar sobre como os coidados que recibimos diariamente dentro das nosas familias poden e deben ser correspondidos a medida que nos facemos persoas adultas.

Propoñémoste que te encargues ti de facer unha comida ou unha cea para toda a túa familia. Non se trata de facer algo moi laborioso ou complicado,polo que engadimos unha receita doada. Pero si que tes que encargarte de todo o proceso: facer a merca se hai algún produto que non teñas na casa, poñer a mesa, cortar o pan, cociñar, servir á túa familia, recoller a mesa e fregar a louza ( ou poñer a lavalouza). De cada unha das partes do proceso debes facer fotos,para poder acreditar que te encargaches de todas e cada unha das tarefas.

Unha vez realizada a comida ou cea, debes respostar ao cuestionario adxunto para que che sirva de guión para a presentación oral que farás na clase sobre que che pareceu a experiencia.

 Espaguetis con champiñóns e allo

 Ingredientes (para 4 persoas, aproximadamente)

  • Aproximadamente, 350 gramos de champiñóns

  • 3 dentes de allopicados

  • 2 culleriñas de aceite de oliva

  • 1 guindilla picada (se gustas do picante)

  • 1/4 vaso de viño branco (opcional)

  • Aproximadamente, 250 gramos de espaguetis

  • 2 culleriñas de perexil picado

  • Sal

  • Pementa negra

Preparación:

Cocer a pasta nunha pota con auga fervendo con sal, de acordo coas instruccións do paquete.

Lavar ben os champiñóns, quitarlles o pé e trocealos.

Quentar o aceite nunha tixola, engadir o allo, a guindilla picada e cociñar a lume suave durante un minuto. Engadir os champiñóns, sal e pementa e cociñar durante 2 minutos. Subir o lume, engadir o viño branco e cociñar durante 3 minutos.

Escurrir a pasta e mesturar cos champiñóns.

Se non tes soltura na cociña, recomendámoche que primeiro prepares os champiñóns, e cando estén na tixola, te poñas cos espaguetis.

Servir quente

Sobremesa:

 A escoller: un iogurt, unha peza de froita...

 CUESTIÓNS A RESPONDER 

  • Como recibiron na túa familia a proposta de actividade? Comenta a reacción de cada unha das persoas coas que vives.

  • Como te sentiches ante a súa reacción?

  • Canto tempo te levou todo o proceso?

  • Tiveches que pedir axuda verbal ( onde está tal cousa, como funciona tal outra..) a alguén da familia? A quen?

  • Que foi o que máis che sorprendeu do que tiveches que facer?

  • Que foi o que máis che gustou e o que menos?

  • Quen che sacou as fotos? Por que foi esa persoa e non outra?

  • Canto tempo diario calculas que terás que dedicar da túa vida adulta para poder comer de maneira parecida a como comes agora na túa casa?

  • Credes que cociñara para a xente da túa familia é un xeito de coidala?

 Ver no arquivo adxunto (PDF) imaxes do alumnado.

 



Iniciar sesión: Acceso
blog | by Dr. Radut