Matemáticas vs. Coronavirus
Matemáticas vs Coronavirus é unha iniciativa comunitaria, en forma de blogue, que xurde durante o illamento social dun grupo de docentes, youtubers e divulgadores españois.
Estas persoas, de xeito completamente altruísta, puxeron a disposición da comunidade educativa, alumnado e profesorado, unha serie de recursos relacionados coas matemáticas. O blogue toma a forma dun repositorio de ligazóns curado, que poden empregar os estudantes de xeito autónomo ou dirixidos polo seu profesor ou profesora.
Os recursos están organizados por niveis, por tema que aborda (álxebra, estatística, límites), e por tipo de contido (vídeo de Youtube, teoría, resumo, boletín de exercicios), e inclúen tamén un apartado específico para preparar a ABAU.
Parece claro que a iniciativa podería empregarse como apoio dentro dunha metodoloxía de ensino semipresencial, para paliar as dificultades do profesorado na creación dos seus propios contidos, e que debería incluír medidas adicionais de comunicación bidireccional para organizar o traballo do alumnado e facer un seguimento do seu progreso.