Aprendo en casa
Aprendo en casa é unha iniciativa do MEFP centralizada en torno ao portal web homónimo, na que se recollen recursos, ferramentas, aplicacións e contidos educativos, para poñelos a disposición do profesorado, das familias e do propio alumnado.
Destacan aspectos como:
- Recoller non só aplicacións e recursos institucionais (lecturas, recursos e xogos educatgivos, museos...), senón tamén outros máis próximos á realidade da aula (p.ex. a sección Profes en casa, que amosa canles de Youtube e blogues de docentes).
- Incluir guías e consellos sobre aspectos relacionados co currículo pero máis próximos á orientación e titoría (p.ex. sobre ciberseguridade, sobre aspectos emocionais...).
- Dispón da posibildade de crear salas de videoconferencias empregando varios servizos (Google Meet, Microsoft Teams e Webex).
- Inclúe unha "iniciativa filla", realizada en colaboración con RTVE e outros axentes, denominada Aprendemos en casa, que pretendía facilitar a aprendizaxe durante a suspensión da actividade lectiva, ofrecendo unha programación especial na canle pública de televisión Clan TV. As emisións, que se organizaban en relación a bloques temáticos cada día, consistían en vídeos sobre contidos curriculares, acompañados de outros de tipo máis lúdico.
- Hai un apartado específico sobre aplicacións para a atención á diversidade (en parte olvidada durante esta situación de alarma).
- Tiña en paralelo varios cancelos activos en redes sociais para contribuir á que se compartisen e difundisen recursos, favorecendo a creación de unha comunidade e da axuda mutua: #AprendoEnCasa ou #ProfesQueAyudan.
Trátase dunha boa práctica, especialmente o programa Aprendemos En Casa, porque:
- Contribuíu á continuidade do proceso educativo, apoiando a docentes e familias, especialmente a través dun medio tan cercano ao alumnado como é a televisión (aínda que limitado ao non permitir feedback, os cancelos en redes sociais axudaban a ter comunicación multidireccional).
- Procura un acceso sinxelo á tecnoloxía: a TV é gratuita se se dispón dun receptor, máis fácil de configurar, as ondas chegan a máis lugares...
- A colaboración, o traballo entre pares, a comunicación bidireccional... son as grandes carencias deste medio (máis transmisivo e unidireccional). Os intentos de retroalimentación terían que facerse a través de outros medios (basicamente internet), coas dificultades e condicionantes que implicasen.
- Aspectos como a autorregulación ou a avaliación tiveron unha potencia limitadas, pero si existia unha certa planificación de base.
- O enfoque si estaba centrado na idade do alumnado destinatario (tanto a nivel de contidos como de formato de presentación dos mesmos), había elementos de gamificación e de aprender divertindo, propuxéronse retos e actividades tipo proxecto para realizar no fogar...
Prema na ligazón Aprendo en casa para abrir o recurso.