Unidade de Atención a Alumnos (UAA)
Dende a primeira semana do confinamento, entre a dirección do centro e as dúas persoas encargadas de TIC, creouse un sistema de resolución de incidencias e formación sobre a aula virtual do centro orientado tanto cara ao alumnado como ao profesorado.
Fíxose o seguinte:
Para o alumnado:
- Creouse un correo para atención de incidencias relacionadas coa aula virtual.
- Creouse unha entrada na páxina web do centro (enlazada dende a cabeceira da aula virtual) con:
- Información de como resolver as dúbidas máis frecuentes:
- ¿que fago para entrar?
- ¿cal e o meu usuario e contrasinal?
- ¿que fago se non recordo o meu contrasinal?
- Videotitoriais explicando as actividades máis frecuentes na aula virtual.
- Buscar os meus cursos
- Escanear utilizando un móbil.
- Subir unha tarefa á aula virtual dende un ordenador
- Subir unha tarefa á aula virtual dende un móbil
- Información de como resolver as dúbidas máis frecuentes:
- Deuse publicidade á existencia desta información a todas as familias usando Abalar.
O obxectivos eran:
- Ter un punto único de entrada para os problemas do alumnado sobre o uso da aula virtual.
- Formar aos alumnos para que aprenderan a usar a aula virtual (como ferramenta TIC), separando esa aprendizaxe do propio das materias.
- Descargar ao profesorado do traballo relacionado con incidencias non propias da materia.
Para o profesorado:
- Creouse un correo para a atención de incidencias: creación de cursos, matriculación de alumnado, ...
- Creouse un curso na aula virtual con 14 videotitoriais:
- 7 para comenzar a utilizar a aula virtual, orientado a profesorado que non a usara nunca ou case nunca.
- 7 para resolver dúbidas especificas do profesorado que xa estaba a usar a aula virtual e quería avanzar máis no seu uso, e que foron creándose baixo demanda.
Os obxectivos neste caso era:
- Fomentar o uso da aula virtual entre aquel profesorado que non a usaba por descoñecemento ou falta de confianza nas súas capacidades TIC. Intentar con iso unificar o máis posible a forma de comunicación profesor-alumno, evitando a proliferación dun número excesivo de ferramentas distintas que despistaran ao alumnado.
- Descargar ao profesorado das tarefas máis "administrativas" da aula virtual (creación e configuración do curso, matriculación do alumnado, ...), para que se centrara nos contidos.
- Que o profesorado sentira que tiña un respaldo no caso de problemas coa aula virtual.
Prema na ligazón Unidade de Atención a Alumnos (UAA) para abrir o recurso.