Muiñeira 3
Na sesión de hoxe imos a seguir coa práctica dos pasos básicos e puntos da muiñeira.
Podedes ver enriba o enlace a un novo video. Neste video aparecen os puntos feitos nos videos anteriores, peor agora engadindolle a acción dos brazos e tamén as chamadas "voltas" entre cada punto. Ademais tamén vos ensina algún punto novo.
Tendes que ver o video e ir practicando os diferentes punto e voltas que vos vai explicando ese profre. Ide pouco a pouco, cada un/unha ó seu ritmo. Volvede ós video 1 e 2 (sesión do venres 3) se o necesitades, para ver cales son os elementos básicos deste baile e como se executan.
Practicade xa que en vindeiras semanas seguramente teñades que enviarme algunha gravación bailando algúns dos puntos que aparecen nos vídeos. Non se preocupar, que estou segura de que a todas e todos vos vai sair ben. Comezade facendoos despacio e sen música. Podedes darlle para diante e para atrás todas as veces que queirades ós videos para que vos quede claro. Esa é unha das ventaxas de traballar na casa.
Moito ánimo a todas e todos!
Bailade moito!