Exercicio Ximnasia
Aquí vos deixo un video para o traballo de hoxe. O video correspondese a un exercicio de Ximnasia Artística, na modalidade de "Suelo Femenino" das últimas olimpiadas celebradas en Rio de Janeiro, Brasil no 2016. A ximnasta é Simone Biles, a gañadora do Ouro nesta modalidade. É a mellor ximnasta do momento a nivel mundial.
A tarefa que tendes que realizar é a seguinte:
Ver o video e analizar os elementos ximnásticos que ides identificando ó longo del. Os elementos que veredes van a ser principalmente xiros, saltos e algún equilibrio. Ide apuntando nunha folla aqueles que vaiades identificando e indicade en que minuto do video aparecen. Podedes repasar o video todas as veces que queirades e ir parándoo para que vos resulte máis sinxelo encontralos.
IMPORTANTE: TODOS OS TRABALLOS QUE VOS FUN MANDANDO Ó LONGO DESTAS SEMANAS TENDES QUE ENVIARMOS POR CORREO ELECTRÓNICO Ó LONGO DESTA SEMANA. TENDES ATA O DOMINGO (INCLUIDO) DE PRAZO. PODEDES ENVIARMO EN FORMATOS DIXITAIS (WORD, PDF OU SIMILARES), OU FOTOS DO QUE TEÑADES FEITO Á MAN EN FOLLAS.
É PREFERIBLE QUE ME ENVIEDES TODAS AS TAREFAS NUN MESMO CORREO, PARA QUE ASÍ NON POIDA ORGANIZALAS MELLOR.
Recordade que o meu correo é : anosabelen@gmail.com