Equilibrio de cabeza 3 apios "Puntal"
Para o día de hoxe déixovos 3 elementos que xa vimos na clase. Xa traballamos os diferentes pasos para chegar a facelos e os aspectos máis importantes á hora da seguridades, así como as axudas. Os vídeos correspóndense cos seguintes elementos : roda lateral, equilibrio invertido de brazos e equilibrio invertido de cabez.
Entre o visionado do vídeo e os apuntes que tedes de "Habilidades Ximnásticas", debedes facer un pequeno resumo de cada un destes elemento indicando de cada un:
1. Diferentes pasos de cada elemento.
2. Aspectos fudamentais para a súa correcta execuación. Por exemplo bloqueo de brazos , chegar á vetical, etc
3. Como se realiza a "Axuda" neste elemento.
Facédeo nun folio. Teredes que entregalo o primeiro día de clase, xunto cos traballos de dias anteriores.
TEDES QUE PICAR ONDE APARECEN OS NOMES DOS ELEMENTOS EN AZUL E ABRIRASE O VÍDEO !!!
Ánimo para todos. Podedes ir practicando algúns dos elementos na casa, sempre con moito coidadiño e facendo un bo quencemento antes.