Rutinas diarias
Hola de novo !
Para a sesión de hoxe, cada un de vós terá que deseñar unha sesión de adestramento para unha das Capacidades Físicas ( a que vós escollades). Debe ser unha sesión que poidades facer na vosas casas estes días de confinamento, e quero que empreguedes só material doméstico para a realización dos exercicios. Por exemplo: sillas, botellas, mangos de escobas, etc. Todo o que a vós se vos ocurra, pero que non sexa material deportivo, ainda que dispoñades del.
Tedes que indicar:
- A que capacidade física vai dirixida.
- Os exercicios que empregades.
- O Volume e a Intensidade da sesión.
- O material que empregades.
- Outros como poden ser utilización de música, etc.
(Este guión é orientativo. Cada un que o estructure como mellor lle pareza)
TEDES ATA O DOMINGO (INCLUSIVE) PARA SUBIR ESTA TAREFA E A DO LUNS.
No enlace de enriba, déixovos unha tabla mensual con rutinas correspondentes a cada día. Neste caso é para o mes de marzo, pero pode servir para calquera outro. Pasáronmo, e penso que está ben para ver diferentes tipos de rutinas. Se picades en cada día, diríxevos a un video. Aparecen diferentes métodos de adestramento e de actividades para diferentes grupos muculares. Só vo-lo deixo por se alguén quere recursos para adestrar nesta tempada, e porsuposto que podedes sacar ideas para a sesión de hoxe (que non quere dicir copialas).
O cadro é independente, non tedes que usalo para deseñar a sesión.
Espero que todos estedes ben. Desfrutade das vacacións na medida do posible.
Moito ánimo!