CUESTIONARIO TÉCNICA TÁCTICA CARACTERÍSTICAS DOS DEPORTES DE EQUIPO
CANTO SEI DE DXTES DE EQUIPO?
Tedes aquí o cuestionario. Podedes descargar e editar contestando as preguntas, ou podedes poñer as respostas nunha folla de libreta, sacar foto, editando nun único PDF e enviar ao meu correo electrónico.
Podedes contestar primeiro, sen mirar o material de consulta, a ver canto sabes!!! e logo podes rpasar utilizando o material, e comprobando ti mesm@ o que tes ben ou mal. Envíamo igualmente, non vaia ser que corrixas mal.
DEPORTES DE EQUIPO E HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS
Inclúo un apartado final no cuestionario, que fai referencia á relación entre determinados xestos técnicos dos deportes que estamos traballando e as HABILIDADES MOTRICES BÁSICAS. Esto serve de repaso e reforzo da 2ª avaliación, e para que vexades que importante é o traballo destas habilidades para poder realizar correctamente os xestos técnicos dos diferentes deportes.
Agora, tamén tedes que ter claro, que unha das cousas mási importantes na aprendizaxe é a PRÁCTICA e o ADESTRAMENTO, e as cualidades de VONTADE, ESFORZO, SUPERACIÓN, TENACIDADE,..que che axudarán a mellorar e a conseguir facer os retos que se van propoñendo e que só podedes poñer vós.