Ademais do Power Point (de Microsoft) podemos empregar Impress (de OpenOffice ou de LibreOffice).

Para subir este tipo de arquivos é recomendable exportar como PDF: así o alumnado verá o recurso tal e como o creamos.

Impress presenta outra opción: exportar como arquivo Flash (de extensión swf),que é un formato executable directamente no navegador.

A repetida utilización das plantillas que traen estes programas xeran certo cansazo. Pero personalizar as presentacións require tempo.

Hay outras opcións como:

Trátase de aplicacións web: non precisamos instalar nada, só unha conexión a Internet. Ademais, a presentación pódese insertar unha páxina web.

Por certo, que para isto (insertar unha presentación nun sitio web) podemos empregar ferramentas como SlideShare (ver ) ou Issuu e Calameo, que son máis adecuadas para publicacións, libros ou revistas.

Máis ferramentas:

Con Zentation podemos sincronizar un vídeo cun Power Point.

Tikatok, para crear libros virtuais con imaxes e textos.

Google Drive permite elaborar presentacións, textos e follas de cálculo. A súa vantaxe: os arquivos pódense facer en colaboración.

Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM