Como facer reservas

As aulas de Informática (INF1 e INF2) e Audiovisuais (AUD1, AUD2 e AUD3) poden ser reservadas nas horas en que estean desocupadas. Para iso existen no taboleiro TIC na sala do profesorado unhas follas de reserva nas que aparece o horário de ocupación fixa destas aulas.

Tamén hai una folla para o resto de medios: biblioteca, salón de actos, …

Para favorecer o uso dos recursos, o profesorado con horário asignado en calquer destas aulas e que teña previsto non dispór delas, deberá anotar nas follas de reserva que a aula fica libre de xeito que poda ser ocupada por outro grupo.

A reserva dos equipos portátiles (ordenadores, videoproxectores, televisores, lectores de DVD ...) deberá rexistrarse tamén na folla correspondente e anotaráse na folla de incidencias calquera cuestión relativa ao funcionamento destes equipos (falta de cabos, ausencia de rato, fallos de conexión,...). Estes equipos están depositados na aula de Servizos Informáticos (aula 206) e deberán ser devoltos coa maior brevidade, unha vez finalizada a actividade para a que foron utilizados.

No caso de que se necesite facer un uso excepcional de algún espazo ou equipo (uso prolongado ou externo ao instituto, ou outros...), ou para resolver dúbidas, reciber aclaracións ou facer suxestións, dirixídevos a calquera dos membros da equipa TIC.

Comunicación de incidencias

No taboleiro TIC da Sala do profesorado existe unha folla na que o profesorado deberá rexistrar calquer incidencia relativa ao uso do equipamento (ordenadores de sobremesa, portábeis, proxectores ...) na que se anotará o equipo ao que se refire a incidencia, a sua ubicación ou descrición identificativa e a incidencia de que se trate (fallos no arranque, fallos na conexión a internet, aplicativos que se precisa instalar, deterioros,... ou calquer outra).

Nesta folla poderán-se rexistrar tamén suxestións de mellora, instalacións a acometer, adquisición de complementos, aplicativos ou equipamento informático e audiovisual ou outras que correspondan ao ámbito das TIC.

Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM