Como crear contidos en Drupal
Primeiro paso: Entrar como usuario rexistrado, co nome e contrasinal.
Segundo paso: A opción de menú “Crear contido” permite introducir contidos.
Tipos de contidos:
Os tipos de contidos que aparecen por defecto son os seguintes:
-
Páxina. Para contidos que non se actualizan periodicamente,
-
Historias. Este tipo de contido permite publicar unha cantidade máis extensa de información que a páxina.
-
Imaxe. Este tipo de contido permite subir unha imaxe á web, de forma que nos vai a crear unha miniatura da imaxe orixinal e permite introducir un texto descriptivo da mesma. Unha vez publicada a imaxe, o visitante poderá ver a miniatura da imaxe así como a descripción e premendo sobre esta miniatura poderá acceder á imaxe orixinal.
Existen outros tipos de contidos que de partida non estarán dispoñibles para o usuario do espazo Web, a non ser que o administrador do centro lle otorgue permisos para poder crealos. Estes outros tipos de contido son:
-
Audio: permite a subida de arquivos de audio, MP3 por exemplo, para a súa reprodución directamente na web (streaming).
-
Eventos: contidos que aparecerán marcados no calendario.
-
Libros colaborativos: para a creación dun contido entre varios autores.
-
Páxinas de blogues: para a creación de blogues individuais dos usuarios do espazo (blog).
-
Formulario: para a recepción de datos dos visitantes.
-
Enquisas: para recoller información de votacións.
-
Foros: para a participación en debates.
Terceiro paso. Cubrir os campos seguintes: : Nome da entrada.
-
Título
Para adxuntar arquivos, por exemplo un PDF, prememos e seleccionamos a carpeta onde se atopa: