Primeiro paso: Entrar como usuario rexistrado, co nome e contrasinal.

drupal1

Segundo paso: A opción de menú “Crear contido” permite introducir contidos.

drupal2


Tipos de contidos:

Os tipos de contidos que aparecen por defecto son os seguintes:

    • Páxina. Para contidos que non se actualizan periodicamente,
    • Historias. Este tipo de contido permite publicar unha cantidade máis extensa de información que a páxina.
    • Imaxe. Este tipo de contido permite subir unha imaxe á web, de forma que nos vai a crear unha miniatura da imaxe orixinal e permite introducir un texto descriptivo da mesma. Unha vez publicada a imaxe, o visitante poderá ver a miniatura da imaxe así como a descripción e premendo sobre esta miniatura poderá acceder á imaxe orixinal.

Existen outros tipos de contidos que de partida non estarán dispoñibles para o usuario do espazo Web, a non ser que o administrador do centro lle otorgue permisos para poder crealos. Estes outros tipos de contido son:

    • Audio: permite a subida de arquivos de audio, MP3 por exemplo, para a súa reprodución directamente na web (streaming).
    • Eventos: contidos que aparecerán marcados no calendario.
    • Libros colaborativos: para a creación dun contido entre varios autores.
    • Páxinas de blogues: para a creación de blogues individuais dos usuarios do espazo (blog).
    • Formulario: para a recepción de datos dos visitantes.
    • Enquisas: para recoller información de votacións.
    • Foros: para a participación en debates.

Terceiro paso. Cubrir os campos seguintes: : Nome da entrada.

  • Categoría.  Eliximos onde queremos por o contido.Podedes escoller entre Oferta educativa, Dinamizacións ou Departamentos (escoller o voso). Todavía non sei como darvos pemiso para outras categorías aos non administradores.
  • Corpo: Neste apartado escribimos o contido da entrada. É un editor sinxelo.
    • Título

    drupal3

    Para adxuntar arquivos, por exemplo un PDF, prememos e seleccionamos a carpeta onde se atopa:

    drupal4

    Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM