Cando se escribe un texto incluíndo fragmentos doutros autores, débese citar sempre a obra orixinal e o seu autor, tamén cando a obra citada é dixital.

Un erro moi estendido é que se nunha páxina web non se di nada, o seu contido pode ser copiado. Isto é falso. Tanto se non se indica nada como se ten a marca de copyright, significa que non está permitida a súa copia, ou sexa, non debe copiarse, ou polo menos non sin consultar co responsable desa web ou co autor dos seus contidos.

LICENZAS LIBRES PARA CONTIDOS: CREATIVE COMMONS

Creative Commons é unha organización sen fins lucrativos que se funda en 2001 para fomentar o intercambio de obras.

Axuda aos artistas a que poidan compartir as súas creacións; pois a propiedade intelectual e o copyright das obras limitan os autores para poder expoñer, distribuír e facer promoción de as as súas obras a nivel mundial.

A idea principal é posibilitar un modelo legal para facilitar a distribución e o uso de contidos.

Como usar unha licencia CC

Elixir unha licencia CC

Infografía sobre CC

Vídeo explicativo:

Sé Creativo por animalario-tv
Modifié le: mardi 19 juillet 2016, 15:17