Para os que o ano pasado traballamos con actividades cos nosos alumnos na aula virtual, temos que reiniciar os cursos para eliminar as cualificacións do ano pasado.

Estas son as instrucións para facelo.

No bloque de Administración dun curso hai a opción Restaurar, pero non sempre borra as cualificacións de alumnos repetidores e, o que é peor, non deixa actualizar os cuestionarios.

Para solucionar este problema, WebsDinamicas recomenda este procedemento. Como é un pouco pesado detallei os pasos a seguir e recoméndovos un pouco de paciencia.

PRIMEIRO: Entrade no curso a reiniciar e, no bloque de Administración que está á esquerda, facer Copia de seguranza.

COPIASEG

Por defecto aparece todo escollido e premer en Continuar.

Captura1

SEGUNDO: Podedes deixar o nome da copia de seguridade que o sistema da por defecto e Continuar.

Captura2

TERCEIRO: Aparece a mensaxe de que a copia de seguridade concluíu con éxito. Premer no botón de Continuar.

CUARTO: Despois aparece o seguinte:

Captura3Premede en Restaurar e aparece a seguinte mensaxe:

Captura4Decimos que queremos continuar. Aparece a información a descomprimir. Voltade a premer en Continuar.

QUINTO: Ata aquí non cambiamos nada, limitámonos a aceptar e continuar. Agora aparece a seguinte ventá:

Captura5Importante:

  • Restaurar en novo curso.
  • Recoméndovos cambiar o nome abreviado (é o que aparece arriba na barra de navegación da AV) e o nome completo. Estes sempre os podedes cambiar despois na Configuración do curso.
  • Premer en Ningún dos Datos de Usuario para non cargalos no novo curso.
  • Premer en Continuar.
Captura6

Pode tardar un pouco dependendo do número e tamaño doss arquivos do curso a restaurar. Ao rematar aparece Restauración completada con éxito e o botón de Continuar. E xa está feito!.

SEXTO: Agora podedes ocultar o curso do ano pasado (para evitar erros dos alumnos). No panel de Administración, premer en Configuración e activar Este curso non está disponible para estudantes en Dispoñibilidade. Non esquezades Gardar modificacións.

Captura7

Agora o curso antigo aparece en gris e os alumnos non o verán.

Se queredes eliminar o curso antigo, enviádeme a petición do curso que desexades borrar á miña conta de correo.

Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM