Como consultar o resumo de faltas por alumno (NON FILTRA NIN POR MATERIAS NIN POR XUSTIFICACIÓN DAS FALTAS)
1º Premer en ALUMNADO / XESTIÓN DE ALUMNADO:
2º Buscar o alumnado escollendo ENSINO, CURSO e GRUPO. Despois premer no botón BUSCAR:
3º Dentro das opcións de Alumnado, premer en FALTAS:
4º Ir a RESUMO DE FALTAS:
5º Escoller as datas DESDE e ATA o que se desexa consultar as faltas. Premer no botón VER FALTAS:
6º Para ver as faltas doutro alumno, escollelo no listado da esquerda.
Esta é unha forma rápida e sinxela de consultar as faltas. Aparece a data, a hora (aparecendo a materia), o tipo de falta (asistencia ou puntualidade) e se está ou non xustificada. Pero NON FILTRA ni por materia nin por xustificación. Ademais, non imprime e mostra as faltas de 22 en 22, co que hai que empregar os botóns de ADIANTE e ATRÁS para ver outras páxinas.
Modifié le: mardi 19 juillet 2016, 15:17