Un dos inconvenientes ao realizar buscas en Internet é a dificultade para seleccionar o acceso a contidos cunha licenza de uso determinada, como as baseadas en Copyleft.

CCSearch é un buscador desenvolvido por Creative Commons que permite realizar buscas nas principais plataformas de vídeo, audio, gráficos e fotografías -Blip.tv, Flickr, Jamendo ou Open Clip Art Library, entre outros-, pero que só mostra resultados segundo o uso que poida darse ao contido, dende un fin comercial ata a posibilidade de realizar obras derivadas deste.

Wikimedia Commons é un repositorio multimedia de licenzas libres.

De igual forma, FlickrCC é un dos primeiros proxectos pensados para realizar buscas en fotografías e imaxes da plataforma Flickr con licenza Creative Commons.

Un buscador máis visual é Compfight, que tamén permite realizar buscas de imaxes de Flickr mediante o tipo de contido e licencia.

Google tamén considera a posibilidade de buscar os contidos en función da súa licenza de uso nas buscas avanzadas.

Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM