Google Libros non é un simple buscador de publicacións, senón un servizo web deseñado para localizar, comprar, descargar e organizar libros. Google chegou a acordos con algunhas editoriais para ofrecer aos usuarios unha vista preliminar das súas obras e, nalgúns casos, mesmo o texto completo.

GoogleBooks

Só podemos descargar en formato PDF aquelas de dominio público e, polo tanto, libres de dereitos de autor.

Tamén dispoñemos de recensións, críticas, vistas previas, suxestións relacionadas e información complementaria.

Audiobooks son arquivos de son nos que se escoitan textos literarios. Nesta páxina hai moitos audiobooks, pero en inglés: http://www.audiobooks.org/ En español hai algúns en: http://www.albalearning.com/audiolibros/

Aqui hai miles de libros electrónicos para baixar gratis... e tamén audiolibros http://www.gutenberg.org/wiki/Main_Page

Just free books é un buscador de libros gratuítos.

Última modificación: martes, 19 de julio de 2016, 15:17