Google permite buscar imaxes que só incorporen rostros. Para realizar este tipo de busca haberá que realizar primeiro unha busca normal de imaxes para despois engadir á URL resultante o parámetro &imgtype=face.

Por exemplo, se quixésemos atopar fotos de "Elsa Pataki" fariamos unha búqueda como esta:

http://images.google.com/images?q=elsa+pataki

... se o que buscamos é unicamente o rostro de Elsa Pataki fariamos isto, engadindo "&imgtype=face" á cadea buscada:

http://images.google.com/images?q=elsa+pataki&imgtype=face

Last modified: Tuesday, 19 July 2016, 3:17 PM