Resultados da busca
Cando Google atopa máis dun resultado, mostra primeiro o máis relevante e as outras páxinas relevantes aparecen graduadas debaixo del. Ordena os resultados pola súa importancia, de acordo cunha fórmula complicada que dá un PageRank.
Google presenta os resultados nunha páxina como esta:
¿Que información aparece?
Título da páxina
A primeira liña do resultado (en azul) é o título da páxina web atopada. É un vínculo á páxina. Ás veces, en vez do título aparecerá unha URL, o que significa que a páxina non ten título, ou que Google non indexou o contido completo desa páxina.
Para un traballo eficiente, recoméndase abrir a páxina noutra pestana, para non perder a páxina de resultados de Google.
Texto debaixo do título
Este texto é un resumo da páxina devolta cos termos de busca resaltados.
Estes fragmentos serven para que o usuario poida discernir se a páxina lle resulta de utilidade antes de facer clic no resultado.
URL da páxina
Ademais da URL aparece o seu tamaño e a data en que Google a indexou por última vez.
Tradución automática
Unha páxina que orixinalmente foi desenvolvida noutra lingua, ao lado do título aparece a lenda "Traduza esta páxina".
Ao pasar o rato á dereita de cada resultado aparece o símbolo >> e ao facer clic pódese ter unha imaxe previa da páxina e, ademais En caché e Similares:
Páxinas similares
Cando se selecciona o vínculo "Páxinas similares" para un resultado en particular, Google busca automaticamente páxinas na Web que estean relacionadas con este resultado.
En caché
Permite acceder á versión da páxina almacenada nos ordenadores de Google. Isto é útil naqueles casos en que a páxina orixinal xa non está dispoñible.