Co asterisco * podemos substituír unha ou varias palabras dunha consulta porque as descoñecemos. O asterisco é un comodín. Por exemplo "Federico García *" ou "Juan * Jimenez". A busca complétase cos termos máis relevantes.

Tamén é útil se se busca información sobre xardinaría, para ampliar a busca e obter máis resultados, pódese usar a raíz da palabra e abreviala cun asterisco (xardín*). Desta forma, Google mostrará resultados de páxinas que conteñan as palabras xardíns, xardín, xardineiro, xardineiros, etc.

O outro modificador é ~ (AlGr+4). Antepoñendo este símbolo a unha palabra, Google buscará non ó esa palabra, tamén os seus sinónimos. Por exemplo novelas ~misterio co que Google buscará novelas de misterio, de intriga, policíacas,...


Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM