Busca en Google

Obtemos os mesmos resultados escribindo en minúsculas que en maiúsculas. Todas as letras, independentemente de como estean escritas, se consideran minúsculas. Por exemplo, buscar: América, AMERICA ou aMEricA xerará os mesmos resultados.

Google tampouco considera os acentos, nin diérese. É dicir, América e America atoparán as mesmas páxinas.

A busca cunha soa palabra adoita dar como resultado moitos miles de páxinas. Para concretar máis adóitanse utilizar varias palabras. Google utiliza todas as palabras que escribes no recadro para facer a busca. A orde é importante, hai que poñer antes as máis representativas.

Non obstante, Google ignora as palabras e carácteres comúns. Non formules preguntas completas do estilo ¿onde encontro paraugas en Bilbao?, é certo que algúns buscadores intentan responder a este tipo de preguntas, como Wolfram Alpha (en inglés) pero, en xeral, estase lonxe do obxectivo.


Última modificación: martes, 19 de julio de 2016, 15:17