FAQS¿É un buscador un programa executado no meu ordenador?

Non. Un buscador é unha páxina web cunha base de datos con direccións doutras páxinas web, que pon á nosa disposición.

Nas bases de datos dos buscadores ¿están todas as páxinas existentes na web?

Por suposto que non. Os buscadores van incorporando as páxinas que atopan cos seus sistemas de rastrexo (chámase indexar). Ademais, cando alguén coloca na rede unha páxina nova, pode enviar os datos a distintos buscadores para que estes os inclúan nas súas bases.

Temos varios tipos de buscadores ¿cal é mellor?

Depende do tipo de datos que se busque.

¿Todas as páxinas resultantes tratarán o tema buscado?

Nun motor non xa que ao realizar a busca por palabras clave podemos atopar páxinas que, aínda que conteñan as palabras indicadas, traten de temas moi diferentes. Non obstante, os motores ofrecen técnicas para afinar as buscas e eliminar, no posible, este resultados non desexados. É o que se coñece como buscas avanzadas.

Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM