Tipos de buscadores
Para saber como funcionan os motores de busca como Google:
Metabuscadores
Tanto Google como o resto de motores de busca unicamente realizan buscas na súa propia base de datos. Tamén existe a posibilidade de realizar buscas en múltiples bases de datos sen necesidade de ir buscador por buscador.
Buscadores verticais ou especializadosPara iso, hai que recorrer aos metabuscadores ou multibuscadores. Un metabuscador é un buscador que se encarga de conectar os principais buscadores en Internet para devolverche as páxinas que se adaptan á túa busca.
Son buscadores especializados nun sector concreto, o que lles permite analizar a información con maior profundidade, dispoñer de resultados máis actualizados e ofrecer ao usuario ferramentas de busca avanzadas.
Buscadores na Web invisible
Internet profunda ou Internet invisible (Deepnet, Invisible Web, Dark Web ou Hidden Web) son as webs que non forman parte das páxinas indexadas polos motores de busca. Isto é debido ás limitacións que teñen as arañas para atopar ou indexar o 100% da información existente en Internet: páxinas protexidas con contrasinal, documentos en formatos non indexables (pdf, doc, odt,…), enciclopedias, dicionarios e revistas nas que para acceder á información hai que interrogar á base de datos, etc.