ElixirAlgúns criterios que se poden ter en conta ao elixir:

Identidade:
¿De quen é o sitio web? ¿Ten credenciais? ¿Hai algunha forma de comunicarse con el? Son preferibles os sitios con autoridade: os sitios institucionais e os sitios oficiais de entidades ou organizacións coñecidas.
Autoría:
¿A páxina ten un autor? ¿Ese autor está cualificado? ¿É un experto? Saber quen é o autor dunha web axúdanos a determinar a súa credibilidade e a caldad dos seus contidos.
Os sitios web de servizos de hosting gratuítos adoitan ser menos fiables: non sabemos quen creou o sitio web e poden conter información incompleta (moitos destes sitios son creados como pasatempo ou diversión). Pero algúns deste tipo sitios conteñen algunha información útil, así que hai que analizalos.
Contido:

¿A información mostra algun tipo de sesgo ideolóxico, político ou comercial nos contidos? ¿Hai algunha promoción ou publicidade na páxina?

Evitar os sitios web con moitos anuncios, pois xeralmente buscan só fins publicitarios, especialmente se os anuncios aparecen case no centro da páxina web.

Evitar os sitios con faltas ortográficas.

Actualización e actualidade:
¿A páxina ten data? Se ten, ¿cal foi a última vez que a actualizaron? ¿Están actualizados os links da páxina? ¿Ten o sitio información actual?
Copyright e licenzas:
Escolleremos licenzas libres para poder reproducir os contidos sen vulnerar dereitos dos autores.
Accesibilidade:
Deseño compatible con diversos navegadores, cumprimento das normas WAI da W3C, posibilidade de imprimir correctamente os contidos do sitio, existencia dunha axuda sobre a estrutura e navegación do sitio, versións en varias linguas, ...
Deseño:
Valoración do aspecto e deseño do sitio, a homoxeneidade do estilo ou a axeitada elección de cores, tipografía e imaxes para a presentación dos contidos.
Última modificación: martes, 19 de julio de 2016, 15:17