1. Seleccionar o tipo de buscador máis axeitado: directorios, motores de busca, metabuscadores,... Internet non é só a World Wide Web, podemos usar os grupos de noticias ou as listas de distriución como fontes de información. Ademais, hai partes da WWW que non son accesibles aos buscadores; é a chamada web invisible.

  2. buscadoresDeseñar a estratexia de busca. Para mellorar as buscas:

  • Facer unha nova busca con novos termos.
  • Ser máis específico nas buscas.
  • Empregar máis termos, non se limitar a unha busca simple.
  • Buscar os termos en inglés. É neste idioma onde se atopa máis cantidade de información.
  • Usar outros buscadores.
  • Experimentar con algún truco na busca e con buscas avanzadas.

Consello: Emprega as teclas CTRL + F. Todos os navegadores contan cun buscador de palabras incorporado.
Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM