Para tomar capturas dunha sección da pantalla precisaremos un software específico:

Podemos descargar un complemento para Mozilla Firefox, Fireshot. Esta extensión pode capturar a pantalla que estás mirando e gardar a captura en formato png/bmp/zip/jpg. Tamén tenemos a opción de engadir sinalizacións e texto. Pódese descargar en: https://addons.mozilla.org/pt-br/firefox/addon/fireshot/

JShot é unha aplicación gratuíta e multiplataforma (Windows, Linux e Mac OS) que permite capturar unha parte da pantalla e editala. Pódese descargar en: http://jshot.info/

Easy Capture é unha aplicación pequena e gratuíta que pode capturar a ventá activa, unha rexión dela, ou a pantalla completa. Garda en formato BMP, PCX, PNG, JPG e TIFF, e conta con varios efectos para destacar como inverter unha imaxe, saturala, desenfocala ou envellecer e pintar a sepia. Tamén se pode agregar globos de dialogo, frechas, liñas ou elipses, por se queredes destacar ou realzar unha determinada zona da pantalla que capturaches. Pódese descargar en: http://www.xydownload.com/easycapture/

PC Screen Capture é un capturador que non precisa instalación, execútase desde un USB. Permite capturar todo o escritorio ou unha selección e gardar como GIF, BMP, PNG ou JPG. http://www.pcscreencapture.com/download.html

DuckLink é un capturador completo. Por rexión da pantalla permite capturas poligonais. http://www.ducklink.com/p/download/

Greenshot é outro programa similar con licenza open source. Pódese escargar en: http://getgreenshot.org/

Ashampoo Magical Snap permite non só capturar se non editar a captura. https://www.ashampoo.com/en/usd/pin/0124/Offline/Ashampoo-Magical-Snap

En Windows 7 xa hai incorporado un programa capturador chamado Recortes.

O editor de imaxes Photoscape, tamén fai captura de pantalla.PhotoScape é un programa multiplataforma (ten versións para varios sistemas operativos).

Fiastarta PrtScr é un sinxelo capturador de pantallas para Windows. http://www.fiastarta.com/PrtScr/Download.html

Shutter é o mellor screenshots para Linux. http://shutter-project.org/
Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM