PESOS E MEDIDAS
Hoxe en día guiámonos polo sistema métrico decimal, pero aínda usamos ás veces algúns elementos do sistema tradicional, se ben o peso e a medida que indican soe variar dunha a outra parroquia.
Podemos escoitar a miúdo:
- lonxitude: legua (máis de 5 km), milla (náutica), vara (varía, pero arredor de 80 cm), mardia e cuarta (20 cm)
- peso: libra (adaptouse aos 500gr, aínda que era máis), onza, quintal, arroba
- ferrado, tanto para superficie (arredor de 4 áreas, pero distinta en cada parroquia) como para capacidade de cereais (a capacidade do recipiente tamén chamado “ferrado”)
Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM