OS POSESIVOS
Achegan significados de posesión ou pertenza referidas á persoa.
Formas:
Un posuidor: meu(s), miña(s); teu(s), túa(s); seu(s), súa(s)
Varios posuidores: noso(s),nosa(s); voso(s), vosa(s); seu(s), súa(s)
- propiedade exclusiva: temos moto de noso;
- algo que forma parte da propia natureza: sempre foi enxeñoso de seu;
- algo que sucede por si mesmo: o cadro caeu de seu.
4. As formas cadanseu(s) e cadansúa(s) teñen valor distributivo (distribúen, equitativamente, igual número de obxectos entre varios posuidores):
5. A forma feminina do posesivo precedida de preposición é equivalente a preposición mais de mais pronome persoal:
6. Outros usos especiais:
Formas:
Un posuidor: meu(s), miña(s); teu(s), túa(s); seu(s), súa(s)
Varios posuidores: noso(s),nosa(s); voso(s), vosa(s); seu(s), súa(s)
1. Túa(s) e súa(s) levan sempre til: a túa voz, esa voz é súa.
2. Cando precede a un substantivo esixe a presenza do artigo, pero
2.1. O uso é facultativo cos nomes de parentesco, sen diferencia no significado pola súa presenza ou ausencia: meu irmán / o meu irmán. A súa presenza aumenta conforme se distancia o parentesco, sobre todo se é descendente: (o) meu pai non está (adoita non levar artigo), pero os meus sobriños non están (é de uso normal, con artigo)
2.2. Cos vocativos e exclamativos non se utiliza artigo: ven acó, meu fillo!
3. As formas de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu usámolas con tres posibles significados:- propiedade exclusiva: temos moto de noso;
- algo que forma parte da propia natureza: sempre foi enxeñoso de seu;
- algo que sucede por si mesmo: o cadro caeu de seu.
4. As formas cadanseu(s) e cadansúa(s) teñen valor distributivo (distribúen, equitativamente, igual número de obxectos entre varios posuidores):
teñen cadanseu teléfono,
comían cadansúa mazá,
comían cadansúas (varias cada un) mazás.
comían cadansúa mazá,
comían cadansúas (varias cada un) mazás.
Non confundir con cadaquén, cada un.
Na nosa fala escoitamos as variantes *cadenseu e mesmo *quedenseu.
Na nosa fala escoitamos as variantes *cadenseu e mesmo *quedenseu.
5. A forma feminina do posesivo precedida de preposición é equivalente a preposición mais de mais pronome persoal:
diante de ti vai o can: diante túa vai o can.
6. Outros usos especiais:
- os meus, os teus… para referirse á familia: os meus foron ao balneario.
- o meu, o teu, o seu para referirse a
- no que se está capacitado: o meu é a música, o teu o deporte;
- algo no que se ten interese especial: cada un anda ao seu;
- o punto óptimo: volver ao seu, non está no seu.
- o que nos correspondía: nós xa fixemos o noso;
- abondo: choveu o seu, bebiches o teu.
- algo no que se ten interese especial: cada un anda ao seu;
- o punto óptimo: volver ao seu, non está no seu.
- o que nos correspondía: nós xa fixemos o noso;
- abondo: choveu o seu, bebiches o teu.
- as miñas, as túas, as súas para referirse a
- cousas propias dunha persoa: xa anda facendo das súas.
- penalidades, traballos: xa pasei as miñas.
- penalidades, traballos: xa pasei as miñas.
- meu pode ter un valor de apelativo cariñoso para unha persoa de confianza: Ola, meu, imos dar unha volta?
Last modified: Tuesday, 19 July 2016, 3:17 PM