IV. ACENTUACIÓN
ACENTUACIÓN: O ACENTO GRÁFICO
1. Levan til (sexan maiúsculas ou minúsculas):
1.1. As palabras agudas polisilábicas que rematen en
- vogal: mañá, tabú, café, aí, dominó
- vogal + n: irmán, alguén, algún
- vogal + s: mañás, cafés, ventás
- vogal + ns: cancións, algúns, violíns
Non se acentúan
- cando rematan noutra consoante: arroz, anel
- cando son monosilábicas: xa, fe, si, nu, cru
- cando rematan en ditongo decrecente: cantei, falou, ademais, papeis, azuis.
1.2. As palabras graves que rematan en:
- consoantes distintas de -n, -s, -ns: móbil, réptil, carácter, álbum, cáliz, bíceps, clímax.
- ditongo decrecente: amábeis, hóquey.
1.3. Todas as esdrúxulas: lóxico, cómodo, mágoa, tépedo.
1.4. í, ú en hiato (cando son tónicas e non forman sílaba coa outra vogal):
aí, aínda, baía, caía, país, raíña, caída, areíña, proteína, heroína, oído, fía, ría, chíes, confíes, adobío, esquí, fío, desvarío, súa, dúas, rúa, túa, posúo, posúes, atribúa, Fiúza, baúl, reúne, inclúe, dúo, efectúo.
1.5. Til diacrítico: diferencian palabras homógrafas (coa mesma forma); lévao a tónica fronte á átona e a de timbre aberto fronte a de pechado:
á(s) (contracción, subst.) bésta (arma, peza dun vehículo) bóla (esfera) chá(s) (plana, lisa) cómpre, cómpren (ser preciso) dá(s) (verbo dar) dó (compaixón, aflición; nota musical) é (verbo ser) fóra (adverbio) má(s) (malas, ruíns) máis (adverbio, indefinido) nó (subst.) nós (plural de nó; pron. tónico) ó(s) (aos) óso (parte do esquelete) pé (parte do corpo) póla (de árbore...) pór (poñer) présa (apuro) sé ( sede eclesiástica; verbo ser) só (adverbio, adxectivo) té ( infusión, planta e folla) vén (presente do verbo vir) vés (v. vir) vós (pronome tónico: vosoutros) |
a(s) (artigo, pron., prep.) besta (animal) bola (peza de pan) cha(s) (che + as) compre, compren (de comprar) da(s) (contracción) do (contracción) e (conxunción) fora (verbos ser, ir) ma(s) (me + as) mais (conxunción: pero) no (en + os) nos (en + os ; pron. átono) o(s) (artigo, pron. átono) oso (animal) pe (letra) pola (por + a; galiña nova) por (preposición) presa (subst.) se (pron.; conxunción) so (prep.: baixo, baixo de) te (pronome, letra) ven (v. ver; imperat. v. vir) ves (v. ver) vos (pron. átono) |
2. Casos especiais:
- os verbos con pronome enclítico (posposto e soldado) compórtanse como se se tratase duna soa palabra, de maneira que seguen as normas anteriores:
dirá pero dirao; dixera pero dixérao;
meteu, meteuse pero metéusevos.
- os verbos con acento diacrítico consérvano ao engadírmoslles pronome, sen respectar as normas anteriores:
é, éo ou élles; dá, dáme, dálles; vés, vésllo…
- os adverbios en –mente prescinden do acento: fácil pero facilmente, rápida pero rapidamente; pero fácil e rapidamente.
- nas compostas:
Se están soldadas prescinde do acento o primeiro termo: vichelocrego, decimosétimo.
Se non están soldadas e levan guión compórtanse como palabras independentes: teórico-práctico, lúdico-festivo, maníaco-depresivo.
3. Non levan til:
- os demostrativos, nunca: este galo, o galo é este; aquel non é…
- o pronome persoal el: non foi el.
- o pronome persoal min: mandouno para min.
- os interrogativos e exclamativos, introduzan frases directas ou indirectas:
Que queres? canto é? como foi? que marabilla!
Canto me gusta!;
Dille cando volves, pregúntalle cal quere.
Só o podemos usar nas indirectas para evitar ambigüidade:
Dille qué queres (imterrog.: que qures?)
Pero dille que queres (dille que si)
- si, sexa adverbio de afirmación (vés? vou, si) ou pronome reflexivo: compouno para si.
4. Casos frecuentes de acentuación incorrecta:
- Por dialectalismo (caso da nosa área lingüística):
As p4 e p5 de copretérito, antepretérito e pospretérito de indicativo (imperfecto, pluscuamperfecto e condicional) non levan til:
*andábamos, *andábades; *andáramos, *andárades; *andaríamos…
andabamos, andabades; andaramos, andarades; andariamos…
- En cultismos (xeralmente por castelanismo):
- Como norma, comparten a acentuación os que teñen a mesma terminación:
se é neon, será cripton, radon…;
se é énclise será próclise;
se auréola tamén rubéola;
se petróglifo, xeróglifo;
se amoníaco, cardíaco, maníaco;
se aerólito, electrólito, megálito, monólito…;
se atmosfera, estratosfera…;
se apoplexía, hemiplexía, paraplexía, tetraplexía…:
- Levan til (a acentuación non coincide coa do castelán):
áloe, amálgama, amoníaco, anódino, auréola, bérber (*bereber), bronquíolo, cóctel, cóengo, eléctrodo, énclise, endócrino, fútbol, isóbara, lígur, mísil, óboe, olimpíada, período, perístilo, psoríase, réptil, réxime, rícino, rubéola, téxtil
- Non levan til (a acentuación tamén é distinta da do castelán):
acne, albumina, alumina, anemone (*anémona), atmosfera, chofer, ciclope, conclave, diocese, arquidiocese, elite, esexese, esexeta, heroe, hipermetrope, ibero, celtibero, medula, meteoro, neon, omoplata, osmose, parasito, paxaro, pelicano, quefir, reuma