No bloque de Administración podemos acceder a diversos enlaces de interese na xestión do noso alumnado.

Como vimos, en Asignar papeis poderemos matricular ou dar de baixa ao alumnado.

En Informes poderemos acceder a informes completos da actividade do alumno na aula virtual. Rexistra todos os pasos que da un alumno no curso. Pódese saber que recursos visitou, cantas veces, cando, canto tempo permaneceu, que actividades fixo, as calificacións obtidas,...

En Cualificacións aparece unha táboa cos alumnos do curso nas filas e todas as actividades nas columnas. Así pderemos ver a cualificación de cada alumno en cada actividade. Ademais podemos descargar as cualificacións como folla de cálculo, en formato ODS ou en formato Excel.


Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 15:17