Contidos do vídeo

Neste vídeo amósanse todos os pasos a dar para unha correcta instalación do seguinte equipamento:

* EDi
* Proxector
* Caixa de conexións

O vídeo foi realizado na aula cero ABALAR no curso 2010-2011. O único equipamento que é diferente con respecto ao curso 2011-2012 é a caixa de conexións que neste curso simplifícase notablemente.


A finalidade deste vídeo é:

*

Para os centros concertados: facilitar unha guía da instalación que deberían realizar nas aulas . Tanto o equipamento referenciado (EDi, proxector e caixa de conexións), as ferramentas necesarias para a instalación (canaletas, parafusos, etc), como a propia instalación correrá a cargo do centro.

Para os centros públicos: ofrecerlles unha visión do traballo que se realizará nas aulas do seu centro , de xeito que poidan facerse unha idea global do que supón a instalación do equipamento e e desta forma, o Coordinador Abalar poderá facer un mellor seguimento das instalacións que se realicen no seu centro, detectando e comunicando as anomalías que consideren. Neste caso, tanto a instalación como o equipamento corren a cargo da Consellería de Educación.


Estruturación dos contidos

O vídeo titorial estruturase en 4 capítulos nos que se tratan os seguintes aspectos da montaxe e configuración:

* Análise das características da aula na que se vai a realizar a instalación, coa finalidade de acadar a mellor sintonía dos elementos da aula.

* Explicación do proceso de instalación:
o Medición das alturas.
o Colocación da canaleta na parede.
o Montaxe da caixa de conexións.
o Colocación do proxector e o encerado dixital.
* Explicación do proceso de posta en marcha do equipamento, por medio do calibrando do proxector e do encerado dixital e a comprobación do seu funcionamento.
* Dous apartados de anexos nos que se ofrecen recomendacións no proceso de montaxe e as respostas ás preguntas frecuentes no referente á instalación.

Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 15:17