Videos
Para a sesión de hoxe temos outros dous videos. Ó igual que na sesión anterior, deíxovos un video no cal podedes ver a adaptación dos pasos que ides aprendendo a outra canción tamén moi famosa neste momento. A ver quen sabe cal é !
O segundo video, é a clase que tendes que facer a nivel práctico. Neste video o noso amigo ensínanos os "Paseos". Estes paseos empreganse entre punto e punto para descansar. Podedes ver un total de 5 paseos.
Eses 5 paseos son os que tendes que saber facer. Tendes que gravalos e entregarmos. A parte que tendes que facer exactamente é a que aparece entre os minutos 4:00 e 5:20 do 2º video que vos colguei. Cada paseo faise 8 veces. Podedes facer un video cos 5 paseos seguidos (8 veces cada un) ou 5 videos (un para cada paseo). Iso como vós prefirades e vos sexa máis sinxelo á hora de subilo na plataforma.
Déixovos uns días para que os practiquedes ben. Tendes de prazo ata o mércores 13 para subilo á plataforma.
Se tendes dúbidas resolvemolas o luns na videoconferencia.
Bailade moito, que son moi faciliños. Ánimo!
.