FASES NA RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS
1) Comprender o enunciado.
Ler o enunciado con detemento.
Anotar os datos dispoñibles empregando a notación adecuada.
Anotar que é o que nos pide o problema: as incógnitas.
Encontrar a relación entre datos e incógnitas
Se é posible, facer un esquema, debuxo ou gráfico que reflicta o enunciado.
2) Pensar na mellor forma de resolver o problema.
O máis frecuente é que existan varias maneiras de resolvelo. Aplicar o aprendido con anterioridade.
Anotar as fórmulas necesarias para a súa resolución.
Comprobar que se dispón de todos os datos necesarios.
3) Resolver o problema.
Redactar de forma clara e ordenada os pasos seguidos ata chegar á solución de forma que poda ser comprendida con facilidade por outra persoa. Débese acompañar cada operación matemática dunha explicación do que se fai e para que se fai.
Remarcar as solucións parciais e as finais.
Indicar as unidades correspondentes.
4) Comprobar se son válidas a solución ou solucións obtidas.