Acceso aos usuarios rexistrados

Ao entrar na aula virtual, pódense ver a seguinte información:

inicio


Na parte superior dereita (así como na parte central inferior) podemos atopar o Acceso co que accedemos ao formulario de identificación:

acceso

Para acceder como usuario rexistrado (como profesor ou alumno) precisamos que un administrador nos dea de alta.

Todos os alumnos matriculados están dados de alta desde comezo de curso. O seu nome de usuario é o seu nome máis o primeiro apelido, todo xunto, con minúsculas e sen acentos.

O profesorado deberá poñerse en contacto con algún dinamizador das TIC.

Personalización do perfil

Unha vez identificados, cambia a mensaxe da zona de Acceso:

identificado

Ao pulsar sobre o noso nome podemos modificar os datos do noso perfil. (Ampliar)



Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 15:17