1º Premer en INFORMES / INFORMES PREDEFINIDOS:
1

2º Seleccionar o INFORME entre os dispoñibles. Por exemplo, o informe de FALTAS POR MATERIA. Escoller ENSINANZA, CURSO e GRUPO.
Despois hai que filtrar por DATAS: data de inicio (desde cando se contan as faltas) e data fin (por defecto a data de hoxe).
Pódense filtrar só as faltas NON XUSTIFICADAS ou que sume todas as faltas, xustificadas ou non. Tamén poden aparecer todas as faltas ou só as de asistencia ou só as de puntualidade.
IMPORTANTE: indicar un NOME (calquera nome) para identificar o informe.
Por último, premer no botón OBTER INFORME:
2
Ao premer no botón de OBTER INFORME aparece un aviso de que se está a tramitar a petición do informe:
3
3º Premer no botón de IR AO BUZÓN. Antes podedes xerar outros informes, e consultalos despois.
4

4º Ao ir ao buzón, ábrese unha nova ventá, a do BUZÓN DE INFORMES. Alí aparecen todos os informes xerados, por iso é preferible poñerlle un nome significativo, pois será máis fácil despois localizalo. O informe xerado é un arquivo PDF. Hai tres opcións: VER, DESCARGAR (para descargalo no disco duro do ordenador ou nunha memoria externa) e ELIMINAR. Para evitar erros é recomendable ir borrando os informes segundo os vaiamos empregando.
5
Dependendo do tamaño do informe, ás veces tarda un pouco en ser xerado. Se ao entrar no BUZÓN, o ESTADO aparece EN PROCESO, hai que RECARGAR A PÁXINA (premendo no botón do navegador) ata que estea dispoñible o informe.
6
No INFORME DE FALTAS POR MATERIAS aparece un listado do NÚMERO de faltas de cada alumno en cada materia. Aparece un dato parcial (segundo as datas indicadas) e total (desde o inicio de curso).
7
Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 15:17