• Ignorar termos
Colocando o signo - diante dunha palabra (sen ningún espazo) eliminamos da busca esa palabra.
Menos
  • Incluír termos superfluos

Se se escriben as palabras cun + antes, incluiraas expresamente na busca.

Algunhas palabras (artigos, preposicións, pronomes, ... ) adóitanse omitir para realizar a busca. Son tan habituais que non resultan significativas e a ralentizan. En xeral hai que evitalas, a non ser que o indiquemos co signo '+' diante destas palabras.

Pero non sempre Google fai esta excepción. Por exemplo é probable que a busca [el mundo] faga referencia ao xornal, mentres que a consulta [mundo] a refira ao planeta Terra, polo que Google non ignorará o artigo o da primeira consulta.

Máis

Google incluíu a ferramenta de busca Verbatim, que permite aos usuarios evitar a corrección ortográfica automática e buscar o termo escrito exactamente.

Verbatim

Google pretende aforrarte tempo e suxire correccións ortográficas e grafías alternativas, personaliza as buscas utilizando información como os sitios web que se visitaron antes, inclúe sinónimos dos termos de busca, busca palabras coa mesma raíz (como na imaxe superior). Para desactivar estas melloras hai que facer clic en Verbatim na lista de ferramentas de busca e para activala hai que facer clic en Todos os resultados.

Verbatim

Última modificación: martes, 19 de xullo de 2016, 3:17 PM