Presentación da Biblioteca ao alumnado de 1ºESO
No mes de outubro, o Equipo de Dinamización da Biblioteca formulou unha actividade de presentación para o alumnado de 1ºESO, realizada polo profesor Alfonso Blanco, na que os rapaces e rapazas aprenderon como está organizada a Biblioteca, o sistema de catalogación e busca, e como funciona o sistema de préstamo e devolución de libros, a través dun xogo de busca de pistas.
No se encontraron imágenes en esta galería