ACTIVIDADE: elaboración dun glosário de terminoloxia estatística e probabilística
Nesta actividade trataremos de ir elaborando, de xeito simultáneo coa própria exposición dos dous temas que corresponden coa Estatística e a Probabilidade, un glosário de termos de uso frecuente, tanto no desenvolvimento da teoria e exercícios práticos dos temas, como na utilización prática desta disciplina nos méios e comunicación e na vida pública.
Cada aluna e aluno da clase deberá introducir polo menos cinco temos que teñan relación directa con estas disciplinas, xunto coa sua correspondente definición.As entradas deberán ir acompañadas de algun exemplo de elaboración própria ou ben unha ligazón web, onde se poda observar con mais claridade o significado ou uso do termo en cuestión.
Ademais, todas as alunas e alunos deberán facer duas aportación como mínimo ás entradas elaboradas polo resto da clase. Estas aportacións consistirán nunha proposta de mellora da definición, nunha crítica, nun exemplo mais adecuado, en outra ligazón webde maior calidade ou interese que a existente ...
Finalmente, cada aluna ou aluno poderá valorar as entradas do glosário de maneira que, unha vez finalizado, aquelas entradas mellor valoradas serán tomadas por definitivas, e as que resulten menos valoradas serán sometidas a revisión até que obteñan unha valoración suficiente.
O glosário ficará activo desde o comezo de curso, e as aportacións deberán estar completadas antes de comezar a exposisicón do tema de Probabilidade, segundo dos dous que compoñen este bloco.
Explorar o glosario usando este índice
Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS
E |
---|
estatística | ||||
---|---|---|---|---|
Disciplina matemática que estuda o tratamento, organización e interpretación de grandes conxuntos de dados de tipo cualitativo ou cuantitativo, obtidos da observación directa de certos fenómenos. Exemplo: No estudo dunha comunidade humana, a obtención de dados antropométricos (por xemplo, talla, peso ...) permite realizar un tratamento estatístico e obter conclusións sobre as características da comunidade que son obxecto do estudo. Nas seguintes ligazóns pode-se aceder a mais información de interese: Wikipédia IGE - Instituto Galego de Estatística Ou visionar un divulgativo sobre este termo, do canal Isto é Matemática. | ||||