Navegue por el glosario usando este índice.

Especial | A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | Ñ | O | P | Q | R | S | T | U | V | W | X | Y | Z | TODAS

Página:  1  2  3  4  (Siguiente)
  TODAS

A

Agregador RSS

Web ou software para ler arquivos RSS.

Vídeo explicativo:


Artigo

Documento recollido nunha bitácora. Chámase tamén post ou entry.


B

Bitácora

Ver Blog.

Blog

Sitio web que recompila cronoloxicamente artigos artigos (posts) dun ou varios autores, aparecendo primeiro o máis recente. Os lectores poden engadir comentarios e o autor responder. Chámase tamén weblog ou bitácora.


Blogger

O blogger ou bloguero é o autr dun blog.


Bookmark

Ver Favoritos.

E

edublog

Blog dedicado á educación.

Enlace

Enlace, hipertexto, hiperenlaces ou link que permite a navegación entre páxinas web. O funcionamento da Web baséase no uso do hipertexto.

Os enlaces aparecen xeralmente nunha cor azul e subliñados, ademais recoñécense porque ao pasar o punteiro do rato por un deles, este se converte nunha man cun dedo apuntando.

Calquera elemento dunha páxina (texto, imaxe, animación, etc...) pode constituír un enlace.

Desta forma, os documentos enlazados mediante hiperenlaces constitúen unha grande arañeira de información. A este conxunto de información distribuída por ordenadores repartidos por todo o mundo denomínaselle World Wide Web, tamén coñecida como web ou o ciberespacio.


Etiqueta

Palabra clave asociada a un contido e que permite a súa catalogación.

F

Favoritos

Enlaces a páxinas web que se gardan no noso navegador, así non temos a necesidade de aprender o nome de cada sitio Web que visitamos e que nos gusta.

Chámanse tamén marcadores ou bookmark.



Página:  1  2  3  4  (Siguiente)
  TODAS