Termos sobre a web 2.0
Web 2.0 é unha forma de entender Internet que, coa axuda de novas
ferramentas e tecnoloxías, promove que a información dependa das persoas que acceden a ela, permitíndo un acceso moito máis doado aos contidos e, ademais a propia participación tanto na clasificación destes contidos como na súa construción, mediante ferramentas cada vez máis doadas e intuitivas de usar.
Características da web 2.0:
- Dinámica
- Participativa
- Colaborativa
- O software é un servizo non un produto: non é necesaria a instalación de software no ordenador.
- A etiqueta (ou tag) como idea clave.
- Sitios doados, usables e áxiles para localizar a información.
Estes son algúns dos termos sobre a web 2.0 que debemos coñecer.