Xornada de Formación sobre o sistema operativo Ubuntu
Ola a todo o grupo;
A fortuna fixo que o noso coordenador Abalar me designase como ponente dunha das sesións do grupo de traballo, que tratará sobre o funcionamento do sistema operativo que ven instalado nos ordenadores Abalar.
Este sistema operativo coñece-se como unha "distribución UBUNTU", que non é outra cousa que un gran paquete de programas (aplicativos, como se denominan tecnicamente) que acompañan ao sistema operativo baseado en Linux.
Por definición, todo este paquete é de descarga libre e gratuita e posibilita en muitos casos a sua modificación por parte das persoas usuárias (o que se chama sistema de "código aberto").
Ben, ao gran: como xá o ano pasado houbera un grupo de traballo no que un ponente explicou durante várias sesións os fundamentos de UBUNTU (tanto o sistema operativo, como o aspecto gráfico -o escritório, vaia- como alguns dos paquetes de aplicativos mais comuns -entre eles OpenOffice, que agora se chama LibreOffice, pero é o mesmo-, entendo eu que o mellor para que ninguén sinta que perdeu o tempo na sesión que se me encomendou é que cada quen propoña aqueles aspectos relacionados co funcionamento dos ordenadores Abalar que mais lle interese. Deste xeito, ademais de dar unha visión xeral do seu funcionamento, poderei adecuar-me ás demandas, que seguramente serán diversas, polo distinto grau de formación e tamén polas diferentes necesidades que cada quen terá á hora de usar este equipamento.
Anticipo-vos que unha das grandes vantaxes que teñen os sistemas operativos (SO) baseados en Linux é o enorme catálogo de aplicativos que existen a disposición das usuárias (traducidos ademais ao galego na sua imensa maioria) e a comodidade na sua instalación, proba e desinstalación, no caso de que non resulten de utilidade. Muitos destes aplicativos están pensados de maneira mui específica para desenvolver destrezas próprias da maior parte das matérias que impartimos. Ademais é un sistema que presume de non sufrir ataques de virus, cousa que é certa case que ao 100% (a perfeción non existe).
Como recomendación, propoño-vos duas práticas que vos poden suxerir posíbeis aproveitamentos:
1ª na aula de servizos informáticos, utilizar o sistema operativo UBUNTU para o labor cotiá (faltas, correo electrónico, impresión de documentos, etc), o que vos permitirá ir adquirindo algo de familiaridade co este sistema e
2ª entrar nos foros UBUNTU (non ... non temades: non son foros nos que vos aparezan propostas de citas, nen publicidade asfixiante ..., senon que normalmente son foros ben moderados e organizados) e "perguntar" ou indagar neses foros se existe algun aplicativo que "faga" tal o cual cousa.
Deste xeito espero que podades ter unha idea mais formada sobre as posibilidades que vos oferece e un interese mais concreto á hora de que desenvolvamos a sesión, procurando o máximo aproveitamento.
Saudos e obrigado por ler até o final, que eu cando empezo ccusta-me botar o freo.
Pepe

Estado | Debate | Comezado por | Último comentario | Respostas | Accións |
---|---|---|---|---|---|
Bloqueada
|
|
|
0 |
|