Foro Protocolo Aulas Abalar

Normas Profesorado

Normas Profesorado

por Usuario eliminado -
Número de respostas: 22
Vou a introducir unha cantas preguntas, para que servan de reflexión e opinade para ir configurando as normas

Os ordenadores collense a primeira hora e recollense a última, e no intercambio de clases estas permanecen pechadas?

Os ordenadores só se collen nas clase que se van a usar e recollense nesa clase?

Quen dispón de chave para abrir o carro dos ordenadores?

Os portatiles poden sair da aula, por exemplo a agrupamento? Como se recollen? Como se devolven?

Os portatiles non poden sair da aula? E se o profesor de agrupamento quere usalos? Faise un horario de reserva? alternanse?
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Usuario eliminado -
Poden usar as aulas outro grupos?
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Usuario eliminado -
- Para evitar problemas coido que non. A porta estaría pechada só a abriría o profesor que teña clase alí e o resto do tempo estaría pechada, desta maneira garantimos que os únicos que manexan o material sería o alumnado desa clase
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Usuario eliminado -
Sería desexable que cada grupo utilizase os seus ordenadores. No caderno de incidencias pode advertirse calquer anomalía, para evitar outros problemas de identificación, danos ou outras circusntancias, en caso de que houbera que compartir equipos.
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Usuario eliminado -
Sería desexable que cada grupo utilizase os seus ordenadores. No caderno de incidencias pode advertirse calquer anomalía, para evitar outros problemas de identificación, danos ou outras circusntancias, en caso de que houbera que compartir equipos.
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Usuario eliminado -
Non hai inconvinte algún para que calquer grupo de alumnos poida utilizar unha aula equipada con ordenadores. Pois os equipos deberían gardarse nos armarios unha vez que se remate cada sesión, a non ser que o profesor da clase seguinte advirta de que el quere traballar cos mesmos.
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Usuario eliminado -

Para empezar podería ser de utilidade ter na mesa do profesor un horario semanal do grupo no que se indique en que clases se van usar os ordenadores, nas que non se van usar e nas que se usarán ocasionalmente. Á hora de recollelos se se ve que na clase seguinte tamén se van usar o normal sería non recollelos, tendo que ter cuidado o alumnado de cuidar que non lle pase nada ao ordenador no cambio de clase. Se non se van usar deberían recollerse.

Todo o profesorado que vai usar os ordenadores debería ter chave.

Si, os portátiles poden saír a agrupamento índoos a buscar o profesor que dá en agrupamento (pódense levar nunha bolsa) e dolvolvéndoos do mesmo xeito.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por María José Lago Fiuza -
Resposta 1-Coido que non porque sempre perderían moito tempo os mesmos profes.De que sae un profe ata que entra outro os alumnos teñen que quedar na aula.A proposta de horario de uso na aula pode ser unha solución.
2- En principio sí salvo que se saiba que o profe seguinte os vaia a usar.
3- Ten que estar na sala de profes a disposición de quen precise usala.
4,5- O alumnado de agrupamento ten que poder usalos,se se consigue que sexa no mesmo corredor a aula de agrupamento poderían facelo os alumnos ( aínda que corren algo de risco, os ordenadores)
O horario de uso podería ser semanal, pero implica unha programación previa.
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por María José Lago Fiuza -
A aula ten que ser usada polo mesmo grupo, se veñen outros... problemas... e este novo alumnado supoño que nunca asinaría nada de responsabilizarse por un uso ocasional.
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Usuario eliminado -
- Para sacalos a primeira hora e recollelos a última teríamos que asegurarnos de que todo o profesorado o vai usar, senon estorbaría o que non o use. Nese caso teríase unha lista en donde están os profesores que o van utilizar.
- Se o profesor da hora seguinte o vai a utilizar non habería que recollelos.
- Todo o profesorado que queira utlizar os ordenadores.
- Terá que o profesor de agrupamento vir buscar os nenos a aula e volvelos a traer, e que cada un se faga cargo do seu ordenador coa supervisión do profesor
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Usuario eliminado -

- Os ordenadores haberá que collelos cando o primeiro profesor da mañán os vaia a usar e recollelos cando o último profesor da mañán acabe con eles. Polo tanto habería que ter un horario de uso para que non teñan que gardalos e sacalos sen necesidade. Ademáis sempre debería haber un profesor presente para abrilos e pechalos tanto o carro dos ordenadores como a aula cando esta quede sen alumnos.

- En canto a chave do carro, penso que chega con que houbera tres ou catro na sala dos profesores como pasa cos mandos a distancia dos cañóns.

- Os rapaces de agrupamento deberían poder sacar os seus portátiles e facerse responsables dos seu traslado. Se é necesario o profesor pode axudarlle nesa tarea.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Usuario eliminado -
ADICAR DE 5 A 10 MINUTOS PARA RECOLLIDA EN CADA CLASE.
CHAVES NA SALA DE PROFESORES
EN CANTO A AGRUPAMENTO COIDO QUE É MELLOR QUE SE FAGA UN HORARIO DE RESERVA PARA ELES PARA QUE POIDAN USAR A AULA.
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Manuela Lago Fiúza -
1. non, porque se non se usan é mellor que estén gardados.
2. penso que se deben coller so na clase que se traballe con eles.
3. Na sala de profes debe haber unhas 3 ou 4 copias, e debémonos lembrar de devolvelas.
4. Se saen da aula, cada alumno debe responsabilizarse do seu uso e traslado.
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Usuario eliminado -
Se só hai clase na aula dúas ou tres horas na mañá, con recreos polo medio, débense recoller.
se o profe de agrupamento quere usalos, debe ir ata a aula e recollelos co alumnado. Hai que pensar se compensa a perda de tempo.
Penso que chave debemos ter cada profe a súa.

En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Usuario eliminado -
Eu penso que os ordenadores si se van utilizar toda a mañá xa non fai falta gardalos, pero si en algunha hora non se utilizan o mellor é gardalos.
Nos cambios de cada clase ten que ser o propio alumn@ que coide dos ordenadores.
A chave debería estar na sa de profes e podería haber un horario das horas que se utiliza para que cada profe se encargue de pechar ese armario.
Eu penso que os portátiles só deberían saír da aula para ir a agrupamento. Para outras clases non. E tampouco deberían utilizar esa aula outros grupos.
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Usuario eliminado -
os ordenadores só se collen nas clases que se van usar e recollense nesa clase. Todolos profesores do grupo deben dispoñer de chave para abrir o carro dos ordenadores
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Usuario eliminado -

Os ordenadores deben collerse cando vaian a utilizarse. Non é preciso que sempre permanezan operativos. É preferible perder uns minutos en collelos e volvelos ao armario, a que molesten enriba dos pupitres, cando non se utilicen.
Pódese habilitar un espazo, por exemplo na sala de profesores, para ubicar as chaves de tódolos armarios. Cando un profesor precise utilizar estos equipos, colle a chave e ao rematar a clase pecha o armario e volve a chave ao seu lugar. Tamén habería a posibilitade de ter unha chave mestra, e así tódolos profesores terían unha, como acontece no caso das aulas.
Sacar os equipos das aulas xa é máis complicado. O ideal sería que tamén houbera ordenadores nas aulas de agrupamento. Si non fose así, é moi complicada a situación, pois nesas aulas tamén terá que haber ordenador do profesor e os demáis medios informáticos.
De calquera xeito, coido que os nenos/as non poden andar dun sitio para outro cos ordenadores. Ainda que portátiles, deben estar nas aulas.
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por Usuario eliminado -
creo que o máis adecuado é elaborar un horario para non andar a coller e recoller os ordenadores. si se cumpre o horario non hai que recoller os ordenadores a cada hora. cada profesor debe ter unha chave é moito máis cómodo que andar a busca da chave na sala de profesores ou onde se decida. creo que o profesorado de agrupamento ten todo o dereito de usar os ordenadores, avisando o alumnado que leva o portátil como actualmente leva o libro e o caderno.
En resposta a Usuario eliminado

Re: Normas Profesorado

por María Jesús Abraldes Iglesias -
Penso que o primeiro é elaborar un horario de aula, e se vai ser usada en sesións contiguas, non gardar os ordenadores, para gañar tempo.
En canto á chave, cada profe "abalar" debería ter unha, como pasa coa chave maestra, así sería máis rápido o proceso.
No caso de agrupamento, sí deberían poder usalos, ao principio coa axuda do profe, para explicarlles, e logo @s alumn@s serían quen de transportalos., tanto ao inicio da clase coma ao final Se hai horario, o de alternar uso aula de referencia e aula de apoio non sería moi problemático