U.D 4 _ CATEDRAIS HUMÁNS
Nesta unidade didáctica coñeceremos o Acrosport , definido como un deporte acrobático e coreográfico de gran compoñente cooperativo. Crearemos pirámides e figuras humáns , desenvolvendo habilidades ximnásticas e acrobáticas, e culminando a unidade cunha coreografía onde amosaremos elementos expresivos e coreográficos. Durante a unidade coñeceremos os diferentes roles existentes , as medidas de seguridade necesarias para a súa posta en práctica , así como os elementos técnicos básicos que debemos dominar .
Sen dúbida solicitaremos as nosas capacidades condicionais , forza ,resistencia e flexibilidade baixo actitudes de cooperación e participación con respeto e aceptación mútua cos compañeiros.