25N: Día contra a Violencia Machista
Con ocasión do 25 de novembro, día internacional contra a Violencia Machista, realizáronse diferentes actividades ao longo do mes de novembro co alumnado do centro desde a Biblioteca. Algunhas xestionadas polo Departamento de Orientación, en colaboración co Centro de Información á Muller de Muros, e outras polo Equipo de Dinamización de Igualdade, pero todas coa colaboración e implicación dos profesores e profesoras do centro.
- Charlas sobre novas masculinidades aos rapaces e rapazas de 1º e 2º da ESO
Escape Room formulado para o alumnado de 3º e 4º da ESO, relacionado coa reflexión e aprendizaxe sobre violencia machista, que xeraron debates e conclusións interesantes.
Ademais, o propio día do 25N realizouse un acto no vestíbulo do instituto, no que o añumnado de 1º de ESO fixo a súa homenaxe a todas as mulleres, nenos e nenas asasinados este ano pola violencia machista, enchendo unha árbore (debuxada pola profesora de EPVA, María Teresa Ferreiro) con lazos que representan a cada unha destas persoas. Nese mesmo acto tres rapazas de 2º de Bacharelato, Sofía, Mariña e Claudia, leron un manifesto elaborado por elas mesmas tamén na Biblioteca, contra as violencias machistas, e con intención tamén didáctica. Velaquí o enlace a este acto: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesfontexeria/node/2650