UD 5 _ INICIACIÓN AOS DEPORTES DE RAQUETA _ O PALADÓS
Nesta unidade didáctica iniciarémonos nos deportes de raqueta a través do deporte alternativo do Paladós. Esta modalidade consiste no envío e devolución dunha pelota mediante unha das dúas palas que ten cada xogador/a por riba dunha rede que divide en dous a pista . Pero o máis importate é que o Paladós bríndanos a oportunidade de empregar materiais de reciclaxe para autoconstruir as nosas propias palas.
Ao longo da unidade melloraremos a coordinación das diferentes habilidades motrices básicas, e sentaremos as bases técnicas ,tacticas e regramentarias dos deportes de cancha dividida , baixo un enfoque de traballo cooperativo.