Dígocho con (Des)amor
Con motivo do 14 de Febreiro, realizamos un concurso de escritos de amor... e desamor!
Febreiro é o mes da Candeloria, o mes que preludia a chegada da primavera. A partir da candeloria, ningunha ave voa soa di o refrán, para lembrar que nesta data, na cultura popular, casan os paxariños.
Para celebralo, o EDLG e o equipo da Biblioteca do IES Plurilingüe Fontexería organizou o concurso de mensaxes de(des)amor “Dígocho con (des)amor”: unha mensaxe breve, un chío, un poema, unha carta… (para namorado, namorada, pai, nai, amigos, amigas, lingua, ...). Un éxito de participación!
Velaquí tedes a ligazón ao vídeo da cerimonia de entrega dos agasallos, onde as gañadoras leron os seus escritos...: